06/01/2008

Bruxas ardendo


Do Galego...
A Queimada é unha bebida feita a base de augardente e azucre, á cal prende lume e deixase queimar dureante certo tempo. É un ritual cheo de misterio e paganismo no que a bebida faise arder con certas fórmulas e engadindo cáscaras de laranxa e limón, café ou viño tinto ó gusto de queimador.

A Queimada non solo é unha bebida tradicional galega senón que tamén constitúe todo un ritual debido a que mentres se prepara recitase un conxuro para afastar ás meigas e quedar liberado de todo o malo.

Alonso del Real fala das orixes da queimada, e atopa nelas elementos célticos, románicos, xermánicos e árabes. Elementos introducidos polos árabes serían o augardente e o azucre; xermánicos o placer pola ebriedad colectiva e o gusto polas bebidas encendidas; célticos os elementos poéticos dos "esconxuros". Establece as orixes da "queimada" nos séculos XI ou XII, coincidindo coa construcción da Catedral de Santiago.

O oficiante dunha queimada debe entender que a súa confección va máis alá do simple feito de queimar alcohol; no fermoso lume poxectase a expresión da cultura dun pobo milenario que soubo integrar no seu seo conceptos e actitudes que proveñen dos albores da civilización humana.



"CONXURO"


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte ;fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora língua de mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,lume dos cadavres ardentes,corpos mutilados dos indecentes,peidos dos infernales cús,muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira,falar dos gatos que andan a xaneira,guedella porca de cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lumeque asemella as do Inferno,e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde ! os ruxidos que dan as que non podendeixar de queimarse na aguardente quedando así purificadas.
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas,quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,a vos fago esta chamada :si é verdade que tendes mais poder ca humana xente,eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nós desta Queimada.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Depois de escrever o seu comentário escolha por baixo da caixa de texto como quer ser identificado. Se escolher "anónimo" não aparecerá no post qualquer endereço.